Absolta a enfermeira de Ourense que fisgou no historial médico da exparella embarazada do seu cuñado

O recoñecemento dos feitos e arrepentimento por parte da inculpada exímea da responsabilidade penal

|

Consultou ata sete veces o historial xinecolóxico da muller, que a perdoou


Unha auxiliar de enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) acusada dun delito de revelación de segredos por consultar o historial da ex parella do seu cuñado foi absolta.


Chuo 1


O recoñecemento dos feitos e mostra de arrepentimento por parte da acusada e o 

perdón da ofendida fixeron que eluda o xuízo previsto para este mércores na Audiencia Provincial de Ourense.



UNHA PENA QUE PODÍA SUPOÑER IR AO CÁRCERE

De maneira inicial a Fiscalía solicitaba para ela unha pena de tres anos e seis meses de prisión por acceder ao historial médico dunha paciente "co fin de vulnerar a intimidade" desa persoa e que finalmente non terá que cumprir polo acordo entre ambas as partes.

Este acto de intromisión na privacidade produciuse entre febreiro e xullo de 2016, cando a traballadora accedeu ata en sete veces ao historial médico dunha muller que estaba embarazada e que ela xa coñecía porque fora parella do seu irmán.

A pesar de que a acusada traballaba como auxiliar de enfermeira na consulta de probas de Dixestivo, "utilizou unha clave persoal" para acceder ao sistema de xinecoloxía e xustificou o acceso dicindo que debía atender á muller, o cal non era certo.

Segundo a Fiscalía, consultou o historial da embarazada "co fin de coñecer o seu estado físico e as condicións de evolución do seu embarazo", sen "desempeñar ningunha actividade profesional" no servizo de Xinecoloxía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE