Braga lanza a súa capitalidade cultural do Eixo Atlántico cun diverso programa de 52 eventos (VÍDEO)



A cultura é un motor do emprego na Eurorrexión e é necesario apoiar aos creadores para que poidan desenvolver os seus proxectos aquí, destaca Xoán Mao


|

A cultura é un motor do emprego na Eurorrexión e é necesario apoiar aos creadores para que poidan desenvolver os seus proxectos aquí, destaca Xoán Mao


Folk, pero tamén cultura urbana. Artesanía, pero tamén encontros de industria cultural. Braga, Capital Cultural do Eixo Atlántico 2020 desde esta noite, aposta pola diversidade creativa nun completísimo programa. Iso si, todos os seus 52 eventos pensados para dar a coñecer o máis destacado da cultura da Eurorrexión que, á súa vez, é un dos seus motores económicos.


Un programa que conxugará figuras moi consolidadas con outras voces máis recentes e innovadoras. Por exemplo o próximo 29 de febreiro está prevista unha actuación do cantautor Amancio Praga e onte, na inaguración, actuaron, xunto ao cantante luso Daniel Pereira Criso, a orixinal aposta galega Sondeseu, unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, cun formato que lembra en parte á música sinfónica. 


Sondeseu na inuguracion da capital cultural do Eixo Atlu00e1ntico Braga 2020

Sondeseu na inuguracion da capital cultural do Eixo Atlántico Braga 2020 


Sondeseu abriu con Tradiculata, tema ao que seguiron Aires de Berducido, Insua, Ciclotimias, Xota de Cortellas ou Maneo de Malpica. Son pezas dalgúns dos autores máis destacados da música de raíz do país (Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, ou José Enrique Comesaña Pedreira) que convenceron ao público que encheu Altice Fórum de Braga.


A presenza institucional foi moi relevante. Entre outros, o presidente saínte da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; o seu secretario xeral Xoán Mao; o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez e a vicepresidenta do Eixo Atlántico e alcadesa de Lugo, Lara Álvarez. 


A CULTURA COMO AXENTE MOTOR DO EMPREGO

 Xoán Mao destacou que apostar pola cultura implica apostar pola economía. “Este é un evento cultural luso-galaico do sistema urbano do Eixo Atlántico que é preciso estimular, de modo que permita aos produtores e creadores culturais da eurorrexión vivir do seu traballo”, resaltando que “a cultura é un dos maiores creadores de emprego”. Como exemplo, o mandatario puxo que “o mellor produto cultural de turismo que pasa por Braga é o Camiño de Santiago”.


Pola súa banda Ricardo Río, alcalde de Braga e novo presidente do Eixo Atlántico declarou que “Braga, ao acoller a Capital da Cultura, renova o seu compromiso con este proxecto do Eixo Atlántico que consideramos fundamental desde o punto de vista da repartición de experiencias, de proxectos, de identidade con este gran territorio que é a eurorrexión, na que sentimos plenamente integrados e para a que queremos contribuír plenamente no afianzamento destas oportunidades de colaboración” . Fíxoo durante  a cerimonia de apertura da Capitalidade Braga 2020,  organizada no Altice Forum de Braga.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE