Buses escolares levan máis persoas que prazas autorizadas
A Garda Civil de Ourense detectou varios autobuses de transporte escolar entre o 3 e 7 de febreiro que transportaban máis persoas que o número de prazas que tiñan autorizadas.
A Garda Civil detectou ata cinco infraccións nun dos autobuses inspeccionados en Ourense. Os buses escolares dalgunhas áreas están autorizados a llever viaxeiros comúns.
Así o informou o Instituto Armado, en relación coa campaña de control de transporte escolar
levada a cabo esta semana polo Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, en cumprimento coa Dirección Xeral de Transporte Terrestre que estableceu unha campaña de inspección de transporte escolar.Deste xeito, preténdese comprobar que os vehículos que prestan este servizo reúna as condicións técnicas adecuadas, así como que dispoñan das autorizacións administrativas correspondentes.
CINCO INFRACCIÓNS
Por iso, a Benemérita apuntou que este xoves día 6 guardias detectaron un vehículo autorizado para o transporte de oito prazas que presentaba cinco infraccións; entre elas as de carecer da autorización específica, a de título habilitante, a do seguro e non levar determinados accesorios que tiña obrigación de portar no vehículo.
Por parte do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense faise un chamamento ás empresas e persoas autorizadas para realizar este tipo de servizos, co fin de que "observen o estrito cumprimento das condicións que deben cumprir", tendo en conta que os escolares, subliña o Instituto Armado, "son un colectivo vulnerable, por cuxa seguridade debe velar todo o persoal relacionado coa comunidade escolar".
Escribe o teu comentario