Luz verde da Comisión Europea ao Estatuto da Industria Electrointesiva, clave para salvar Alcoa San Cibrao

Así o anunciou o Secretario Xeral de Industria, segundo fontes sindicais de Alcoa San Cibrao.Desde o comité de empresa da fábrica de Cervo cren que, unha vez superado este trámite, o Goberno ten, por fin, todo listo para aprobalo definitivamente no Consello de Ministros da próxima semana.Con todo, os traballadores son cautos.


|

A Comisión Europea deu luz verde ao novo Estatuto da Industria Electrointensiva proposto por España. Así o anunciou o Secretario Xeral de Industria Raül Blanco Díaz, segundo fontes sindicais de Alcoa San Cibrao.


Manifestación de empresas electrointensivas na Coruña para esixir un prezo eléctrico

Unha pasada protesta de traballadores de varias industrias electrointensivas na Coruña


Desde o comité de empresa da fábrica de Cervo cren que, unha vez superado este trámite, o Goberno ten, por fin, todo listo para aprobalo definitivamente no Consello de Ministros, esperan que sexa o da próxima semana.


Con todo, os traballadores son cautos. Antonio Zan, presidente do Comité, declarou a RNE que non ocrerán de todo "ata que o vexamos", dado que non teñen aínda comunicación oficial.


SEGUEN AS MOBILIZACIÓNS

Por iso, seguen adiante coa súa campaña de presión. Para a semana, teñen previsto colgar lazos azul eléctrico de escaparates de comercios e edificios públicos da comarca.


O Estatuto é clave para a supervivencia da fábrica, principal empregador da provincia de Lugo e case único motor económico da Mariña. A americana Alcoa leva meses advertindo que, como fixo xa coas fábricas da Coruña e Avilés, pode desfacerse de lsa factorías se non consegue un mellor prezo para a electricidade.


Da aprobación do Estatuto tamén dependen outras importantes empresas galegas, como a antiga fábrica de Alcoa na Coruña, hoxe propiedade do fondo suízo Parter; Celsa Atlantic da Laracha, Megasa, Ferroglobe de Sabón e Ferroatlántica de Cee.


(HABERÁ AMPLIACIÓN)



relacionada A "tensa" reunión por Alcoa San Cibrao foi "unha tomadura de pelo", segundo os traballadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE