Atropelo mortal en Vilaboa: morre un peón ante a oficina bancaria do Toural

Os feitos ocorreron este mércores ao redor das 15:30 horas, na estrada N-554.

 


|

Archivo - Sala de operaciones 112 Galicia.
Foto: EP


 

Un home perdeu a vida este mércores tras ser atropelado por un turismo na estrada N-554, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Vilaboa.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 15.30 horas nunha zona do Toural. En concreto, fronte a oficina do Banco Santander.

Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tan só puideron confirmar o falecemento.
 

Guardia civil tráfico
Foto: EP


Tamén acudiron ao momento membros de Protección Civil da localidade, que demandaron que se utilizasen alternativas a esta vía para evitar retencións e facilitar o paso aos vehículos prioritarios.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE