De local para os veciños a residencia de anciáns para unha empresa privada
O Multiusos de Nogueira de Ramuín é un símbolo máis da desertización do rural galego. Funcionaba como lugar de encontro veciñal e o concello acaba de adxudicalo a unha empresa privada para que monte alí unha residencia de anciáns. Pagando un canon de só 1.000 euros ao, que o alcalde ve apropiado.
O PSdeG denunciou que o Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), co popular César Parente á fronte, "pechou o edificio multiusos" no que se realizaban diferentes actividades cos veciños para alugalo "por un canon de 1.000 euros anuais (83,33 euros mensuais)" a unha empresa para que o converta "nunha residencia de maiores de xestión privada".
Alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente
Os socialistas denuncian que será que será a mesma empresa que xestiona a residencia de maiores de Esgos, ligada a coviastec, e que "se encarga de facer practicamente todas as obras do Concello a que alugue o multiusos como residencia de maiores".
O comunicado remarca que os socialistas "xa recibiron numerosas queixas" por parte de veciños do Concello, que quedan sen un edificio no que poder facer actividades como pilates, cursos de costura ou manualidades.
"PÉSIMA XESTIÓN"
"A solución que nos deu o Concello é empregar o pavillón municipal, pero non está preparado para esta actividades debido a humidade e o río", subliñou o portavoz socialista en Nogueira de Ramuín, Óscar Sánchez, quen tamén apunta "os veciños quedan sen un edificio para poder facer actividades ou mesmo realizar reunións".
Finalmente, o PSOE tamén acusa o grupo de goberno do PP de "deixar o municipio sen locais públicos", tras unha "pésima xestión" na que permitiron que "mcuhos deles deteriorásense co paso do tempo" e que agora mesmo "sexan impracticables".
RESPOSTA DO ALCALDE DO PP
Cesar Parente saíu ao paso das críticas, sen desmentir a operación. Nega, iso si, que sexa un aluguer. Segundo o alcalde conservador, a empresa gañou un concurso público e de feito foi a única que se presentou.
Parene argumenta, segundo recolle Ourense Dixital, que o cambio de usos traerá ao concello, ademais dun servizo para os anciáns, un investimento duns 90.000 euros. Sobre o exiguo do canon, razoa que o edificio non está en condicións para acoller agora unha residencia, polo que a concesionaria terá que reformalo asumindo gastos. A mini-residencia contará con 23 prazas e segundo o edil dispoñerá de apoio económico da Xunta.
Escribe o teu comentario