​Quique González pon a música e García Montero a letra no arranque de ‘Voices’

O ciclo musical pontevedrés comeza este sábado a súa cuarta edición da man do binomio que conforman o cantautor madrileño e o poeta granadino, culpable das letras do último disco do artista.


|

O ciclo musical pontevedrés comeza este sábado a súa cuarta edición da man do binomio que conforman o cantautor madrileño e o poeta granadino, culpable das letras do último disco do artista.


Quique gonzalez

Quique González durante un concerto


O ciclo ‘Voices’ arrinca este sábado cunha das citas musicais do ano en Pontevedra: o concerto do cantautor madrileño Quique González, a voz dunha xeración que se presta a ser o instrumento polo que o poeta Luís García Montero, Premio Nacional de Poesía, chegará coas súas letras a todos os que se acheguen a descubrir o último álbum do artista, que nace da pluma do andaluz, compositor de cada un dos temas que compoñen o último disco de González. ‘As palabras vividas’ supón, talvez, o reto máis difícil da súa extensa carreira, xa que por primeira vez será o encargado de dotar de vida aos pensamentos e sensibilidades do seu amigo.


A VOZ E A PLUMA

Como ocorre coas celebrities, á parella composta polo dúo entre o cantautor e o poeta poderíalla chamar Quique Montero igual que García González, xa que compoñen un binomio perfecto que non fai máis que render honras á poesía e á música a partes iguais. Das palabras de Montero nace a voz de González, unha mestura que toca todas as fibras e que conmove por igual a sensibles e insensibles, que se desmoronan ante a rotundidade coa que Quique González proxecta cada verso do poeta granadino


Sen desposuírse do seu encanto, González, que deu os seus primeiros pasos da man de históricos da música nacional como Enrique Urquijo ou Antonio Vega, si renuncia un pouco ao estilo que sempre o acompañou, en prol de, como di el, “non enterrar os versos de Luís”, que se converten nos verdadeiros protagonistas do concerto. 



ISTO PARA EMPEZAR

Contrario ao que poida parecer, este concerto só é o entrante de o ciclo ‘Voices’. A González seguiranlle a banda americana The Jayhawks, o próximo 6 de xuño, e a artista cedeirense Guadi Galego, xa en outubro, conformando así o elenco de "artistas comprometidos" da cuarta edición do evento, aínda que desde a organización non descartan “máis sorpresas”.


O ciclo xa se gañou o dereito de ser unha das datas sinaladas do panorama cultural pontevedrés. Carme Fouces, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, destaca a “magnífica resposta do público” durante as pasadas edicións. Pola súa banda, Carlos Montilla, coordinador do evento, destacou que ‘Voices’ “non é só música”, senón que trae á cidade do Lérez a “artistas comprometidos”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE