A versión orixinal subtitulada ábrese paso "de forma regular" nos cinemas da Coruña


Cinesa apostará pola versión orixinal desde este venres "de forma regular" en dez cinemas de todo o Estado --entre eles os do centro comercial Marineda, na Coruña--, informou nun comunicado a compañía este xoves.


|

Cinesa apostará pola versión orixinal desde este venres "de forma regular" en dez cinemas de todo o Estado --entre eles os do centro comercial Marineda, na Coruña--, informou nun comunicado a compañía este xoves.


Inauguración da sala de luxo de Cinesa en Bonaire


Ás sesións VOSE que Cinesa ten os martes pola noite e matinais de fin de semana --que se manteñen no centro comercial das Cancelas, en Santiago--, agora suma unha aposta por salas Cinesa VOSE, coas que unha selección de cinemas --como A Coruña-- dedicará varias salas para emitir exclusivamente contido en versión orixinal subtitulada en español: todas as sesións, cada día da semana, e incluíndo as películas máis vistas do momento.

Grazas a esta iniciativa, dez cinemas Cinesa situados en diferentes cidades españolas, contarán con varias salas en exclusiva con contidos na súa lingua orixinal, combinando esta oferta con sesións dobradas no resto dos seus espazos.

Ademais, outros 10 cinemas manterán as sesións VOSE, programadas cada semana en horarios de martes pola tarde-noite e fins de semana pola mañá.

Con esta decisión, a compañía quixo dar resposta á "crecente demanda" por parte dos espectadores de poder gozar das películas máis taquilleras mantendo o seu idioma de procedencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE