Tentan parar a venda de Isidro 1952 tras descubrirse que o comprador foi condenado por estafa

Malas noticias para os traballadores da antiga Isidro do Cal, pois pode volver a reactivarse o ERE que ameaza ao 60 por cento do persoal.O motivo da marcha atrás parecen ser as noticias sobre o pasado do comprador.


|

A dirección da pesqueira Isidro 1952 comunicou aos traballadores que está a reconsiderar a venda da empresa. Malas noticias para os traballadores da antiga Isidro do Cal, pois pode volver a reactivarse o ERE que ameaza ao 60 por cento do persoal.


O motivo da marcha atrás parecen ser as noticias sobre o pasado do comprador. Carlos Alfonso  García Martín foi condenado a catro anos e medio de prisión en setembro de 2003, segundo adiantou Economía Dixital. Ademais, RNE alude a noticias, adiantadas por A Opinión, de falta de pagamentos recente a traballadores doutras das súas firmas, como Feca-Neon ou Centro Óptico Gallego. A condena de 2003 foi abrir unha oficina bancaria o Polígono do Tambre que deixou importante falta de pagamentos. 


Protesta ante a sede de Isidro 1952 en Cambre


Unha pasada protesta dos traballadores


Así que o ERE pode seguir en marcha, cunha reunión prevista para o día 30. En xogo están centos de postos de traballo en seis centros (planta de Cambre, na Coruña, piscifactorías e criadeiros). Os actuais propietarios pretenden librarse de 136 dos seus 152 asalariados.


O COMPRADOR INSISTE EN QUE LA PESQUERA É SÚA

A situación complícase porque García Martín, que xa se presentou aos traballadores e aos medios como novo dono, defende que o contrato de venda é válido e non hai modo de paralo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE