Ameazas dos cazadores de raposos aos animalistas: "Non me graves que che comes a escopeta"
Libera enviarán gravacións ao Consello Superior de Deportes (CSD) de "ameazas" de cazadores participantes na caza de raposos celebrada a pasada fin de semana en Triacastela e Láncara (Lugo), así como de "incumprimentos" da lei de caza.
Libera enviarán gravacións ao Consello Superior de Deportes (CSD) de "ameazas" de cazadores participantes na caza de raposos celebrada a pasada fin de semana en Triacastela e Láncara (Lugo), así como de "incumprimentos" da lei de caza.
Cazadores en Galicia
Nun vídeo gravado por estes animalistas pódese escoitar a un dos cazadores dicirlles aos activistas: "Non me graves que che comes a escopeta".
Nun comunicado, Libera sinala que se opón a estes "pseudocampeonatos" de caza de raposos, así como que sexan considerados como "deporte". Por iso, vai trasladar este e outros vídeos ao CSD, xa que "se isto é unha actividade deportiva, deben estar sometidos a toda a xurisdición sectorial, tamén sobre prevención de actitudes violentas".
IRREGULARIDADES
Así mesmo, Libera asegura que recompilou información sobre supostas irregularidades como "cazadores a menos de 100 metros de vivendas habitadas", así como cans "cruzando unha estrada sen control algún" .A este respecto, os animalistas recriminan que a Xunta "non se puxo as pilas para endurecer normativamente a actividade ou, nin sequera, para cumprir o establecido na actual lei", despois que houbese "dezaseis persoas falecidas como consecuencia da caza na última década en Galicia".
Escribe o teu comentario