Un rapaz menor de 15 anos grave tras estampar un coche no Porriño
O suceso non tería máis relevancia de non ser polo condutor, que un "menor de 15 anos de idade".O coche impicado no accidente nunha foto difundida pola Garda Civil A Benemértica indica que o condutor resultou "ferido grave".
Fontes oficiais da Garda Civil de Pontevedra informan dun "accidente de circulación por saída de vía e colisión frontal cunha pedra" no Porriño. O suceso non tería máis relevancia de non ser polo condutor, que un "menor de 15 anos de idade".
O coche impicado no accidente nunha foto difundida pola Garda Civil
A Benemértica indica que o condutor resultou "ferido grave". O rapaz non colleu o coche só, acompañábao outro mozo da súa idade, que resultou "ferido leve".
A colisión produciuse á tardiña, con pouca luz xa, sobre as 18:30 horas. Ademais os rapaces conducían por unha pista entre as canteiras de Porriño, non por unha estrada convencional.
Escribe o teu comentario