Ana Pontón (BNG) ingresa no Hospital de Santiago para dar a luz

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ingresou no Hospital Clínico de Santiago de Compostela este martes para dar a luz á que será a súa primeira filla.

|

A candidata á Xunta polo Bloque ingresa nun hospital do SERGAS para dar a luz a unha nena, que se chamará Icía


Tal e como confirmaron a Europa Press fontes da formación, "todo vai ben". Pontón tiña previsto entrevistarse con representantes de asociacións de transportistas este mesmo martes, pero finalmente acudiu á reunión o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, en solitario.



A portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e deputada no Parlamento de Galicia, Ana Pontón, durante unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compo


A portavoz nacional do BNG fixo público o seu embarazo para mediados do pasado mes de setembro a través a súa conta de Twitter. "Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou a vivir un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoitos semanas!! Non podía ser máis feliz", escribiu entón na rede social.


Precisamente, o ingreso de Pontón no Clínico de Santiago prodúcese tan só dous días despois da súa presentación oficial como candidata á Presidencia da Xunta para as eleccións previstas, salvo adianto, para o próximo outono.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE