O plan de Sánchez é que non haxa presupostos ata o verán
Ao presidente tócalle agora aprobar unhas contas se non quere verse condenado a seguir gobernando cos orzamentos de Montoro. Dado o explosivo da política catalá, o PSOE prefire non forzar a máquina e que se aclare antes cando haberá eleccións na Generalitat. Por agora, non negociou as contas nin con ERC, nin tampouco co BNG.

A vicepresidenta coruñesa Nadia Calviño, no centro, é a cabeza visible do Executivo en materia económica
A cuestión catalá aínda vai para longo e Sánchez non quere que esta dificulte as negociacións. Por iso, desde Moncloa deuse orde de poñer freo aos Orzamentos xerais do Estado. Antes hai que seguir cultivando pequenos avances na mesa de diálogo entre Gobernos para que ERC apoie as contas estatais.
E para poder contar cos republicanos, o Goberno sabe que primeiro ha de ir avanzando coa Generalitat de Catalunya para que ERC afrouxe as súas posicións e lograr acordos.
Aínda que a investidura puxo fin ao bloqueo, son necesarios uns Orzamentos sen os cales Sánchez terá moi difícil gobernar. A aprobación das contas do Estado aseguraría ao presidente polo menos media lexislatura.
Por agora o único pactado con ERC foi o seu apoio vía abstención...
Escribe o teu comentario