Dimite un cargo da Xunta tras negar permiso para un campionato de caza de raposos

O campionato provincial de caza do raposo de Lugo, previsto para o pasado sábado en Monforte, foi suspendido pola organización por non contar coa o autorización do xefe de servizo provincial de Patrimonio natural, da Consellería de Medio Ambiente.

|

O XXV Campionato de Caza do Raposo ía ser en Monforte. Suspendérono porque non tiña permiso e trasladárono a outra zona de Lugo, que está afectada pola praga de ratas - topo, cuxo depredador natural é o raposo. Dous sindicatos agrarios, o SLG e Fruga, xa protestaron. Agora o Bloque revela que o xefe de servizo de Patrimonio Natural de Lugo dimitiu. 


Raposo zorrito


O campionato provincial de caza do raposo de Lugo, previsto para o pasado sábado en Monforte, foi suspendido pola organización por non contar coa o autorización do xefe de servizo provincial de Patrimonio atural, da Consellería de Medio Ambiente.N


O BNG rexistrou unha batería de iniciativas para aclarar esta situación, posto que este cargo presentou a súa dimisión esta mesma semana para, acto seguido, ser autorizada a celebración do campionato galego para este sábado en Triacastela e Láncara.

Neste sentido, o deputado Luís Bará pregúntase se a renuncia está relacionada, precisamente, coa denegación para autorizar a devandita proba e o criterio da Administración pública para autorizar o campionato, tras reiterar que o BNG considera "aberrante" que se lle deste formato por equipos a "unha matanza indiscriminada".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE