A nova subida das pensións garantirá que os xubilados non perderán poder adquisitivo
Se a vida se encarécese máis do 0,9% que prevé o Goberno, os pensionistas recibirán unha paga a maiores compensatoria
O Consello de Ministros, o primeiro tras a configuración do novo Goberno, aprobou este martes a subida para este ano das pensións nun 0,9%, que afectará tanto as pensións contributivas como non contributivas e de clases pasivas e que terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro.
Esta subida do 0,9% coincide coa estimación media do IPC, segundo detallou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que destacou ademais que con esta medida cúmprese o compromiso de que os pensionistas non perdan poder adquisitivo.
De feito, Sánchez subliñou que se o IPC supera este ano o 0,9% previsto, o Goberno compensará aos pensionistas a diferenza nun único pago que se producirá antes de abril de 2021.
Subida das pensións ata decembro de 2019
É o segundo ano consecutivo, tras 2019, no que as pensións aumentan por encima do mínimo legal previsto (0,25%). O ano pasado incrementáronse un 1,6% con carácter xeral e un 3% no caso das mínimas e non contributivas.
PENSIÓNS MÍNIMAS
Coa subida do 0,9%, o importe da pensión mínima para os xubilados de 65 anos con cónxuxe a cargo quedará en 843,3 euros ao mes (fronte aos 835,6 euros actuais), a de sen cónxuxe en 683,49 euros (677,4 euros actualmente) e a de con cónxuxe non a cargo en 648,68 euros mensuais (fronte aos 642,9 euros actuais).
Pola súa banda, a pensión máxima de xubilación situarase en 2.683,34 euros mensuais. A pensión mínima de viuvez para os titulares con cargas familiares situarase en 790,6 euros mensuais, en contraste cos actuais 783,6 euros ao mes.
No caso de ser maior de 65 anos ou de ter unha discapacidade maior ou igual ao 65% a pensión mínima de viuvez será de 683,49 euros. Se o titular da pensión ten entre 60 e 64 anos, a contía será de 639,4 euros, mentres que no caso dos beneficiarios menores de 60 anos a prestación será de 517,7 euros mensuais.
No caso das pensiones de orfandade, o importe mínimo ascenderá a 208,8 euros mensuais por beneficiario (antes 207 euros), mentres que se o beneficiario ten menos de 18 anos e conta cunha discapacidade superior ou igual ao 65% a contía será de 410,96 euros mensuais.
Escribe o teu comentario