Un dos catro cadeliños salvados en Vilanova atopa un novo fogar

O Centro de Acollida e Animais da Deputación tamén recibiu unha petición para adoptar a Sabela”, outra das cadelas da mesma camada


|

“Terra”, unha das cadelas da camada de catro cachorros que o Centro de Acollida e Protección de Animais ( CAAN) conseguiu salvar despois de que fosen arroxados en novembro a un colector en Vilanova de Arousa, xa ten un novo fogar. 


Terra, un dos animais abandonados e rescatados pola Deputaciu00f3n de Pontevedra

Terra, un dos animais abandonados e rescatados pola Deputación de Pontevedra 



A pequena cadela foi adoptada o sábado día 11, só 24 horas despois de que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrara a súa historia e recuperación na comparecencia para facer balance anual do centro, na que estivo acompañada das catro crías.


Como sinalara Silva, tanto “Terra”, como “Sabela”, “Ceo” e “Ares”, xa estaban preparados para saír en adopción. E non fixo falta esperar máis dun día para que a primeira atopase un novo fogar no concello da Estrada, grazas á mediación da Asociación Palleiráns. Ademais, o CAAN tamén recibiu outra petición para adoptar a Sabela”, que probablemente se resolverá esta mesma semana.


UNA DAS IRMÁS MORREU 

Hai que lembrar que estes catro cachorros ingresaron no centro en condicións moi críticas o pasado 30 de novembro. A Guarda Civil de Caldas localizara un total de cinco animais (dous machos e tres femias) no interior dun colector no lugar do Monte, na parroquia de Deiro (Vilanova), con apenas horas de vida, e trasladounos ao CAAN. Unha das cadelas chegou sen vida ao centro e o resto atopábanse con hipotermia e moi débiles. Os veterinarios do CAAN conseguiron estabilizalos e alimentáronos con biberón. Neste sentido, trasladaban de noite aos cachorros ao seu propio domicilio para alimentalos cada dous ou tres horas.


Case mes e medio despois, os cachorros están en perfectas condicións e xa saíron en adopción, como mostrou Silva a pasada semana na presentación dos “extraordinarios” resultados do centro no 2019. Así, ao longo do pasado ano foron 466 as adopcións conseguidas, o que constitúe o récord anual desde que abriu o centro no 2013 e que estaba nas 430 logradas no 2016.


Ademais, reduciuse o número de recollidas, cun total de 1.290 fronte ás 1.788 que se fixeron no 2018. Hai que destacar tamén os resultados da recente campaña de sensibilización para fomentar as adopcións e a tenencia responsable de animais. Neste sentido, “ Esteriliza, adopta”, conseguiu entre o 27 de novembro e o 9 de xaneiro un total de 48 adopcións. Outros 350 cans e cadelas esperan agora no CAAN atopar un novo fogar e, deles, “ Apro” é o que máis leva no centro, cinco anos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE