Ata o día 20 hai prazo para solicitar as axudas do Programa Prende! da Deputación de Lugo

A portavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou a ampliación ata o próximo 20 de xaneiro do prazo de inscrición para participar no plan de emprego xuvenil 'Prende! Bota raíces non rural'.

|

A iniciativa financia os custos de formación para os que queiran empregarse a si mesmos ou crear empresas; ademais de contemplar axudas en actividades como turismo, enerxía, agricultura ou medioambiente.



Pilar garcia porto

García Porto


A portavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou a ampliación ata o próximo 20 de xaneiro do prazo de inscrición para participar no plan de emprego xuvenil 'Prende! Bota raíces non rural'.






REQUISITOS DOS SOLICITANTES

O programa está dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos, apuntados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados nalgún dos 58 concellos lucenses que teñen menos de 5.000 habitantes ou ben naqueles entre 5.000 e 10.000 cun saldo demográfico negativo.

Xunto á solicitude, deberán achegarse documentos como o DNI do solicitante, currículo actualizado, certificado de empadroamento, xustificante de inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil, declaración responsable e certificado de conta bancaria, entre outras cuestións.


FASES DO PROGRAMA

Os seleccionados formarán parte dunha primeira etapa de formación, que levará a cabo por sectores: enerxías renovables, xestión forestal, hostalería e turismo e agricultura e gandería. Cada sector desenvolverase nunha área xeográfica.

Nesta fase de aprendizaxe, os participantes comprométense á asistencia e aproveitamento da reparación recibida e haberá unha proba de coñecemento por cada acción formativa. Por cada xornada de formación de cinco horas, o participante recibirá 14 euros e a Deputación entregará tamén un diploma de asistencia ao final do período.

Despois da primeira fase de formación, desenvolverase unha segunda de experiencia laboral, na que a Deputación concederá axudas a empresas vinculadas cos anteriores sectores produtivos para que contraten durante oito meses aos mozos que recibiron formación. Os concellos beneficiarios deste plan de emprego representan o 82% de toda a provincia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE