Catro ferroláns en exclusión social morren en tres días

O concello fíxose cargo dos servizos funenarios de tres deles

|

Polo menos tres deles eran consumidores de substancias estupefacientes. As autoridades aseguran que as súas mortes non están relacionadas.


Catro veciños de Ferrol en situación de exclusión social faleceron nun prazo de tres días, concretamente entre o 23 de decembro e o día 26. Todos eles eran usuarios dos servizos sociais municipais e tamén recibían axuda de Cáritas Diocesanas.


Cartel fachada cociña economica

Cartel da cociña económica de Ferrol


Segundo apuntaron a Europa Press fontes municipais, o Concello de Ferrol fíxose cargo do enterro de tres deles e, supostamente, as súas mortes non gardan ningún tipo de relación.


Ademais, outras fontes han traslado que todos eles eran homes e que polo menos tres tiñan adicións a substancia estupefacientes, mentres que un catro padecía problemas co alcol.

Así, durante a mañá do 23 de decembro faleceron dous deles, un terceiro facíao tamén na mañá do día de Noiteboa, mentres que o día 26 producíase o cuarto falecemento.

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
Dous dos homes faleceron no Hospital Arquitecto Marcide, un deles estaba ingresado, mentres que o segundo fíxoo horas máis tarde cando se atopaba no servizo de urxencias do hospital ferrolán.

O día 24, unha comisión xudicial tívose que desprazar ata a rúa Pontevedra, no bloque 9-11, tras recibir o aviso do falecemento dun deles.

A todos eles practicóuselles a autopsia que serán as que determinen as causas reais destas mortes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE