A praga de ratas xera case un millón e medio de perdas na montaña de Lugo

A praga de ratas que sofren varias localidades da montaña de Lugo xerou xa preto dun millón e medio de perdas, segundo os datos que manexa o sindicato Unións Agrarias.

|

A praga de ratas que sofren varias localidades da montaña de Lugo xerou xa preto dun millón e medio de perdas, segundo os datos que manexa o sindicato Unións Agrarias.


Así pode deixar un campo unha praga de ratas topo (imaxe do Gobierno de Navarra)

Infesta de ratas en Lugo


Así o trasladou Roberto García, secretario xeral da entidade en Galicia, que calculou en "máis de 300" os afectados, cunhas perdas de "700 euros por hectárea", e "máis de 2.000 danadas".

A praga comezou no Concello de Triascatela e estendeuse cara a Pedrafita e Samos, a pesar de que o sindicato xa viña alertando da situación desde a primavera.

García considerou que todo iso "pon de manifesto a incompetencia e a incapacidade do goberno da Xunta" para frear estes estragos. "Hai un importante grao de descoordinación e falta de vontade para resolver este problema, un problema ao que por certo non se lle deu importancia", queixouse.

Mentres tanto, os danos nas explotacións "van en aumento" e "xa son irreversibles, porque van ter perdidas en forraxes porque non poden utilizar a herba desas leiras".

"Isto pon en evidencia o abandono e incapacidade da Xunta de Galicia para facer fronte a un tema importante, e ademais non hai que inventar nada porque noutras zonas do Estado producíronse estas infestas pero tomáronse medidas", insistiu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE