De Dublín á catedral de Santiago a golpe de remo: a historia dentro de 'Homes de ferro'

O escritor Alfredo Conde novela en 'Homes de ferro' a aventura a bordo do 'Naomh Gobnait', a barca na que un grupo de amigos irlandeses fixeron o Camiño a remo desde Dublín a Santiago, nun percorrido de 2.500 quilómetros que realizaron de forma espaciada ao longo de tres anos.

|

O escritor Alfredo Conde novela en 'Homes de ferro' a aventura a bordo do 'Naomh Gobnait', a barca na que un grupo de amigos irlandeses fixeron o Camiño a remo desde Dublín a Santiago, nun percorrido de 2.500 quilómetros que realizaron de forma espaciada ao longo de tres anos.


Presentación de 'Homes de ferro', de Alfredo CondePresentación de 'Homes de Ferro'

A presentación do libro, publicado por Ézaro Edicións, tivo lugar este xoves en Vigo no Museo do Mar de Galicia como parte do proxecto cultural deseñado por Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, ao redor da reconstrución do bote peregrino, convertido en emblema do Camiño do Mar.

O acto contou coa presenza do escritor Alfredo Conde; o editor, Alejandro Diéguez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o presidente de Buxa, Manuel Lara.

"A pesar de que os nomes que aparecen en 'Homes de ferro' son reais e corresponden a seres reais quero deixar claro que non se trata dunha crónica xornalística e que non pretende suplir literariamente a un documental", explica Conde.

En 2014, os catro amigos irlandeses decidiron facer un bote para facer o Camiño, mentres en 2016 concluíron o roteiro xacobeo. Un ano máis tarde, os catro amigos decidiron facer un roteiro pola costa galega que acabou cun fatídico accidente en Caminha, no que faleceu Danny Sheehy e desfíxose a embarcación.

O autor sinala que: "Trátase dunha novela construída a partir dunha realidade na que a maioría dos feitos son certos, pero no que pensa cada un dos personaxes xa é a expresión da miña liberdade como novelista á hora de imaxinar os seus pensamentos e reacción".

Pola súa banda, o director de Ézaro Edicións avanzou que ademais da edición en galego, a novela tamén se publicará traducida ao español e ao inglés.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE