Feijóo: "Os que mandan hoxe en España son Junqueras e Puigdemont"

Censura que "políticos presionen á Avogacía do Estado para que redacte un informe de maior contido político e menor contido técnico"

|

O líder conservador galego dá por seguro o pacto de ERC e PSOE. Tamén alega que os socialistas presionaron á Avogacía do Estado para favorecer o pacto cun ditame favorable para Junqueras, que aínda se descoñece.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que "todo parece indicar que o pacto" para investir presidente ao socialista Pedro Sánchez "está feito e que non ten volta atrás", antes de lamentar que se "mesture" nas negociacións un informe da Avogacía do Estado".


Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa do Consello


"Quen me ía a dicir a min que ía ter que dicir na sede institucional da Xunta que os políticos que mandan hoxe en España son (Oriol) Junqueras e (Carles) Puigdemont. En 40 anos de democracia nunca un representante público viuse na obrigación de aceptar feitos tan duros e pesimistas", advertiu Feijóo, ao termo da reunión semanal do seu Executivo.

E á espera de que a Avogacía do Estado dea a coñecer as súas alegacións á sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) que recoñeceu a inmunidade como europarlamentario do líder de ERC mentres estaba a ser xulgado no Tribunal Supremo polo 'procés' independentista en Cataluña, Feijóo reafirmouse en que só Junqueras "sabe se vai haber goberno" en España, xa que é quen ten "a chave da gobernabilidade".

"(Junqueras) E despois o señor Puigdemont. Son os que van decidir e cando vai ser. Os demais estaremos atentos aos seus xestos, decisións, proclamas e manifestacións", esgrimiu o presidente galego, quen, en todo caso, deu por "feito" o "pacto" e censurou que se "mesture" coas negociacións "un informe da Avogacía do Estado"."Ese é o nivel no que se move a cuarta economía do euro", reprobou.

"Os MÁIS CRÍTICOS"
A xuízo de Feijóo, "se é incomprensible estar a formar goberno en base a ultimátums de partidos independentistas, moito máis" o é "poñer en mans d eles máis críticos coa xefatura do Estado" a gobernabilidade do país.

"Pero este é o panorama que vivimos agora. Oxalá nos fixese reflexionar", apelou Feijóo, quen incidiu na "pésima imaxe de España" á que dá pé, así como na "mala imaxe de Cataluña", unha comunidade que "non é produto exclusivo de ERC e JxCat", cuxa visión, esgrimiu, non comparten moitos cataláns.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE