O Belén do Neno Xesús cos brazos rotos, última idea do alcalde de Ourense Jácome
Apareceu a figura do Neno Xesús secuestrada do polémico Belén de Ourense. E apareceu cos brazos rotos. O alcalde decide deixalo así, mutilado, e pousa exhultante porque atraeu xa a "máis de 100 persoas". "Isto é un sen cesar de xente, o único que faltaría é que lle empezasen a dar poderes sobrenaturais de milagre", di Gonzalo Pérez Jácome, quen xa decidiu -en directo nunha televisión- perpetuar a criticada montaxe.
A figura do Neno que desapareceu na madrugada do pasado sábado do belén instalado na Alameda de Ourense apareceu este luns cos brazos rotos.
Jácome, alcalde de Ourense, pousando diante do criticado Belén coa figura recuperada
Así o confirmou a Europa Press o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, que destacou que a intención do Concello é deixar tal e como apareceu a figura.
"Imos ver se xa se coñece o belén como o do Neno Jesús dos brazos rotos, non o imos a reparar", manifestou o rexedor, que asegurou que a acollida do nacemento "está a ser unha marabilla".
"Isto é un sen cesar de xente, o único que faltaría é que lle empezasen a dar poderes sobrenaturais de milagre", indicou o alcalde, que asegurou que na tarde deste luns "máis de 100 persoas" achegáronse á zona para ver o belén.
"DOBREGARASE A SEGURIDADE"
Nunha entrada na conta oficial do partido, Democracia Ourensa asegura que non pagou ningún rescate. "Repararase e dobregará (sic) a seguridade", di o partido localista que lidera Jácome.
CAMPAÑA PARA QUE O RETIREN
Precisamente, o naciemiento instalado polo Concello de Ourense desatou a polémica polas figuras que o conforman ata o punto no que se abriu unha campaña na plataforma 'Change.org' na que se pide a súa retirada.
"O alcalde de Ourense prometeu que en Nadal instalará un Belén xigante na zona vella da cidade. Unha atracción sen precedentes para o goce dos pequenos e maiores, e que atraería a visitantes de todo o Estado e mesmo de Portugal", sinala a campaña.
Con todo, o texto publicado na plataforma sinala que o instalado pode describirse como un "pesadelo dun belenista macabro". "Figuras arrepiantes vestidas con traxes de saldo, animais que non se recoñecen, castelos feitos con caixas de electrodomésticos...", censura.
Escribe o teu comentario