Paramés, un dos investidores máis prestixiosos, aposta por Atalaya a pesar de problemas nas minas de Touro e Río Tinto

Os ambientalistas consideran que pasados máis de tres meses co expediente parado, a Xunta está obrigado a dar por finalizada a DIA, imprescindible para, no seu caso, aprobar o proxecto.O certo é que a Xunta leva co expediente parado desde marzo e nada indica que nos próximos meses haxa movementos. 


|

Francisco García Paramés xa posúe máis do 5% do accionariado da multinacional promotora da reapertura da mina de Touro - O Pino. En Nunha comunicación remitida á Bolsa de Londres Atalaia Mining indica que Cobas Asset Managament superou a porcentaxe que obriga a comunicar esta circunstancia ao regulador.


Garcu00eda Paramu00e9s

García Paramés




UN INVESTIDOR QUE MIRA A LONGO PRAZO

 O apoio de Cobas é unha baza relevante para Atalaya, especialmente nestes meses complicados.O ferrolán García Paramés, coñecido como o «o Warren Buffett español»  é un dos axentes de fondos de investimento máis prestixiosos dos mercados español e británico. 


A súa aposta por Atalaya vén de lonxe, pois xa tiña algo máis do 3%. A confianza na mineira cuadra coa súa estratexia de investimento a longo prazo en sectores e empresas que pasan momentos difíciles. Por exemplo, en 2007 investiu en empresas inmobiliarias. 



Atalaya Mining perdeu un 10% do seu valor en bolsa, aproximadamente, no último ano. Unha das causas son os reveses xudiciais na súa única mina activa. Río Tinto leva semanas funcionando sen autorización ambiental tras anulala a Xustiza. A pesar das promesas da Junta de Andalucía de aprobar unha nova pola vía de urxencia, aínda non hai avances concretos.


O outro revés para a mineira é que a autorización para reabrir Touro segue encallada e nada parece indicar que a Xunta outorgue luz verde pronto. 


ESTÁ CADUCADA XA A PETICIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL?

De feito,  Mina de Touro O Pino Non e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa acaban de denunciar que -atendendo aos prazos que fixa a Lei de Impacto Ambiental - a Administración está obrigada a darlle carpetazo definitivo á petición de Declaración de Impacto Ambiental (DIA). 


Os dous grupos críticos alegan que Minas non remitiu a Servizo de Avaliación de Impacto Ambiental as probas de poñer ao dispor dos interesados a nova documentación entregada pola mineira, cuxa petición inicial rexeitou a Xunta xa fai máis dun ano. Os ambientalistas consideran que pasados máis de tres meses co expediente parado, a Xunta está obrigaa a dar por finalizada a DIA, imprescindible para, no seu caso, aprobar o proxecto.


O certo é que a Xunta leva co expediente parado desde marzo e nada indica que nos próximos meses haxa movementos. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE