O "horripilante" Belén de Jácome en Ourense suscita burlas e peticións de retirada

O certo é que unha petición para a retirada do "horripilante" belén xa sumou máis de 100 firmas en change.org en apenas unhas horas.


|

"En Nadal crearemos un monumental Belén en todo o casco antigo (será único en toda España)". Isto é o que prometía o programa electoral de Democracia Ourensá. Chegados ao poder, os de Gonzalo Pérez Jácome están a ofrecer bastante menos.E opinión dalgúns, moito menos.


A pesar de que se gastron 18.000 euros nel, segundo datos do PSdeG, o resultado é, por dicilo dalgunha maneira, limitado. 


Panadeira do belu00e9n de Ourense

Panadeira do Belén de Ourense, cos ollos pechados nunha imaxe de @vgiadas



Figuras a tamaño real pero pouco realistas, incluída unha panadeira cos ollos pechados. De pouco peso ademais, pois o vento derruba aos reis meigos con frecuencia. A palla que cubría o pesebre e os arredores levoulla, como non é estraño, un dos temporais que adoita azoutar Galicia no inverno.


"Hai xente que non lle gusta, pero eu non o vexo tan mal", xustifícase na prensa local Mario González, concelleiro de Cultura, en resposta a críticas como a de Paco Sarria, informador de Onda Cero e decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, que se pregunta se "pode ser considerado contaminación visual e mesmo malos tratos ao paisaxe".


O certo é que unha petición para a retirada do "horripilante" belén xa sumou máis de 100 firmas en change.org en apenas unhas horas.





Os socialistas, pola súa banda, pregúntase "De que membro de DO será amigo a empresa á que adxudicaron a colocación do Belén?". O contrato foi adxudicado "a dedo", segundo eles.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE