Vídeo: Feijóo e o seu dobre felicítannos o Nadal e dannos pistas sobre as autonómicas
Non é a primeira vez que Zahera -o coñecido camareiro Petroleo de Mareas Vivas- asume o reto de meterse na pel do líder conservador.
Presentarase Alberto Nuñez Feijóo ás eleccións de 2021? Si. Adiantará eses comicios, previstos para outono? Non. Son dúas intuicións que se poden entresacar do seu sorprendente vídeo de felicitación do Nadal.
Sorprendente polo ben producido e pouco convencional. Lonxe do ton institucional, o líder do PP tira dunha controlada autoparodia e preséntase no Museo de Galicia acompañado do seu irmán xemelgo.
No diálogo entre o político e o seu dobre -interpretado polo actor e humorista Luís Zahera- escóitase ao presidente prometer que non adiantará os comicios autonómicos de 2021 e, de paso, criticar aos colegas estatais que condenaron ao electorado a un carrusel de convocatorias.
"Galicia é todo", conclúe Feijóo na despedida, reforzando un das súas mensaxes forza destes anos: non hai honra máis grande para un galego que dirixir a Xunta. De feito, o diálogo con Zahera ironiza tamén sobre os seus desexos de ascender cara a Madrid.
Non é a primeira vez que Zahera -o coñecido camareiro Petroleo de Mareas Vivas- asume o reto de meterse na pel do líder conservador. Xa o fixo con éxito no programa Land Rober da CRTVG.
Escribe o teu comentario