Case dez mil familias galegas sen luz en lugares como Porriño, Ponteceso e Cartelle
Preto de 9.500 fogares galegos permanecen este xoves sen luz a causa do temporal de vento e choiva que durante a xornada do mércores e esta madrugada afectou a Galicia.
Houbo cortes en vilas grandes como Cangas e seguen sen luz en partes de outras máis pequenas como Porriño, Ponteceso, Cartelle ou Paderne de Allariz. Naturgy mantén a 100 persoas traballando nas reparacións.
Choivas en Ponteceso nunha imaxe da Policía Local no seu Twitter
Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Naturgy, os operarios da entidade levan desde o inicio do temporal no terreo, aínda que, polo momento, aínda hai algo máis de 9.400 usuarios sen electricidade, dos que a maior parte --máis de 5.000-- son da provincia de Ourense.
Entre os municipios máis afectados están Ponteceso (A Coruña), Porriño (Pontevedra) e os ourensáns de Cartelle, Maside, Cortegada e Paderne de Allariz.
MÁIS DE CEN PERSOAS TRABJANDO
Naturgy dispón dun persoal de máis de 100 operarios sobre o terreo, que traballan para tratar de restablecer a subministración e aos que hai que engadir os traballadores do centro de control e xestión de redes.Con todo, fontes da compañía subliñaron as dificultades que están a ter para acceder aos terreos onde se produciron as avarías, dado que persiste o vento e a choiva e, ademais, o terreo está "encharcado".
Escribe o teu comentario