Barreiro Paz aséntase como presidente de CESM Galicia, que renova a súa directiva
O Comité Executivo da delegación galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos elixiu a Ramón Barreiro Paz, que xa viña exercendo o cargo en funcións nos últimos meses, como o seu presidente nunha elección marcada pola renovación.
O Comité Executivo da delegación galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos elixiu a Ramón Barreiro Paz, que xa viña exercendo o cargo en funcións nos últimos meses, como o seu presidente nunha elección marcada pola renovación.
Nova directiva de CESM Galicia
A reunión serviu á súa vez para poñer de manifesto que a nova directiva mantén "intacto" o "compromiso de seguir loitando para defender os intereses dos facultativos, para erradicar a precariedade laboral e para dignificar a profesión".
Evitar a saturación das urxencias, reducir as abusibas axendas dos médicos de familia e pediatras da Atención Primaria e loitar por recuperar a sanidade que era antes dos recortes son algúns dos obxectivos desta nova executiva que di afrontalos "con dinamismo e operatividade".
EXECUTIVA
Con Barreiro Paz á fronte do organísmo sindical, estarán ao seu lado Antonia Méndez-Benegassi Gamallo como Vicepresidenta e Delegada Autonómica de Atención Hospitalaria, Antonio Otero Pena, como Secretaria Xeral, Pablo Souto Castrou, como Vicesecretario Xeral e Delegado Provincial da Coruña e José Luís Hernández Delgado, este novamente como tesoureiro.
Como Barreiro Paz, tamén chegan por primeira vez ao cargo Matilde Maceira Castiñeira como Delegada de Atención Primaria e Enrique Marra-López Moreno, como Delegado de Riscos Laborais, que ademais compatibilizará este nomeamento co cargo de Delegado Provincial de Pontevedra, que xa viña realizando.
Finalizan o organo de dirección Cándido Andión López como Delegado Autonómico, José Manuel Piñeiro Somoza como Delegado Provincial de Lugo e Alberto Escobar Veiga como Delegado Provincial de Ourense. A ningún deles estrañaralles o cargo, xa que é o que viñan ocupando coa anterior dirección.
Escribe o teu comentario