Manifestación contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais como o de Verín

A plataforma SOS Sanidade Pública acordou fixar para o próximo 9 de febreiro a "gran manifestación" que celebrarán en Santiago de Compostela para protestar contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais, a "deterioración da atención primaria" e a "precariedade laboral" do persoal sanitario. A protesta será a partir das 12,00 horas con saída desde a Alameda.

|

Ademais da protesta prevista para este martes 17 de decembro fronte ao Parlamento, SOS Sanidade convoca outra para febreiro. Tamén di que a propia Xunta boicotea as comisións que debían fixar solucións para Atención Primaria.


A plataforma SOS Sanidade Pública acordou fixar para o próximo 9 de febreiro a "gran manifestación" que celebrarán en Santiago de Compostela para protestar contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais, a "deterioración da atención primaria" e a "precariedade laboral" do persoal sanitario. A protesta será a partir das 12,00 horas con saída desde a Alameda.


Nena nunha protesta contra o peche do paritorio de Verín

Unha nena nunha pasada mobilización polo paritorio do hospital de Verín



Para perfilar esta manifestación, SOS Sanidade Pública creará unha "comisión de traballo" plural e propoñerá ás plataformas das áreas onde hai hospitais comarcais que o día 28 de decembro organicen accións de protesta "contra o desmantelamento" destes centros.


CRÍTICAS Á SOLUCIÓN DA XUNTA PARA ATENCIÓN PRIMARIA

Segundo aseguraron os integrantes da plataforma, os participantes no Consello Técnico de Atención Primaria informaron "da actitude boicoteadora da Administración sanitaria galega, que en seis meses foi incapaz de pechar propostas de mellora".

"As escasas Comisións Sectoriais que terminaron o proceso de debate limitáronse a propoñer a Carteira de Servizos e o Mapa de Competencias de cada unha das categorías presentes nos centros de saúde, sen incluír outras categorías profesionais que deben estar presentes nos centros de saúde, así como as meidas de mellora de cada categoría, nin recoller as achegas e propostas dos colectivos sindicais e profesionais", criticaron.

A maiores, SOS Sanidade Pública mostrou o seu apoio á "mobilización social e profesional" tras o anuncio de peche do paritorio do Hospital de Verín e das urxencias pediátricas, e participarán activamente na protesta por este motivo que se celebrará o 17 de decembro ante o Parlamento de Galicia, en Santiago.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE