Fundación Naturgy ofrece pautas ás familias de Cerdido para "un consumo eficiente e reducir a factura" este Nadal

A Fundación Naturgy organiza este martes, 10 de decembro, unha sesión formativa da Escola de Enerxía en Cerdido, en colaboración co concello, para fomentar o consumo eficiente entre familias en situación de vulnerabilidade.

|

A Fundación Naturgy organiza este martes, 10 de decembro, unha sesión formativa da Escola de Enerxía en Cerdido, en colaboración co concello, para fomentar o consumo eficiente entre familias en situación de vulnerabilidade.


A Fundación Naturgy imparte en Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Muxía e Santiago un curso sobre aforro enerxético

Curso da Fundación Naturgy


O obxectivo, explicou Naturgy, é ofrecer a estas familias vulnerables pautas para realizar un consumo enerxético máis eficiente, reducindo o importe da súa factura sen perder as condicións de confort no seu fogar. A sesión será ás 16,30 horas en casa da Cultura.

Este ano, a Fundación Naturgy xa organizou 36 sesións da Escola de Enerxía en distintas localidades da provincia da Coruña, ás cales asistiron máis de 360 familias.

Nas sesións da Escola de Enerxía trabállanse temas relacionados con a eficiencia enerxética ou a optimización de facturas. Tamén se identifica quen pode ter acceso ao bono social e axúdaselles a solicitalo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE