A CIG denuncia a fuga de profesionais enfermería e fisioterapia a Asturias e Euskadi ante a precariedade
Asemblea de enfermería no Hospital de BurelaEl sindicato asegura que as enfermeiras escapan en canto poden a outras autonomías con mellores condicións, como Asturias ou Euskadi; "onde asinan contratos de máis duración que garanten estabilidade". Na Mariña aseguran que só teñen acceso a "contratos por días, unha quincena ou como moito un mes". A central reclama un "plan de estabilidadad" que transforme en prazas vacantes todas as prazas cubertas hai anos tirando de eventuais.
En Asturias e Euskadi ofrécenlles condicións máis estables, fronte ao mes como máximo ao que aspiran os eventuais galegos, razoa a central
A precariedade laboral que ofrece o SERGAS na Mariña é tal que as listas de contratación para cubrir baixas están nunha "situación crítica". Esta é unha das denuncias que lanza o sindicato CIG sobre a "fuga de profesionais de enfermería" e de fisioterapia nesta comarca.
Asemblea de enfermería no Hospital de Burela
O sindicato asegura que as enfermeiras escapan en canto poden a outras autonomías con mellores condicións, como Asturias ou Euskadi; "onde asinan contratos de máis duración que garanten estabilidade". Na Mariña aseguran que só teñen acceso a "contratos por días, unha quincena ou como moito un mes".
A central reclama un "plan de estabilidadad" que transforme en prazas vacantes todas as prazas cubertas hai anos tirando de eventuais. O martes está convocada unha asemblea.
Escribe o teu comentario