Desvalixan ás xogadoras BAXI Ferrol mentres adestraban no pavillón da Malata
As xogadoras do BAXI Ferrol denunciaron un roubo no vestiario do pavillón da Malata rexistrado o venres mentres realizaban a última sesión preparatoria previa ao partido ante o Pozuelo.
Todas as bolsas das xogadoras foran abertas e desapareceron un total de sete móbiles e diñeiro dalgunha carteira, segundo informou BAXI nun comunicado aos medios. Ao momento, advertiron ao persoal dos feitos e chamaron á policía.
As xogadoras mostraban a súa "indignación", porque facía un par de días que non tiñan acceso á chave, xa que lles advertían da súa desaparición. Para poder acceder ao vestiario e pechalo tiñan que avisar ao conserxe, pero nesta ocasión quedou aberto.
No comunicado, explican que a persoa de garda nas instalacións declarou que no corredor só habían estado as xogadoras e os compoñentes do equipo que adestrara con anterioridade, pero que estaban noutro vestiario.
O club advertiu dos feitos ao concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, para que "se faga cargo das responsabilidades que o dono da instalación puidese ter", á espera de que o seguro se poida facer cargo do pago do subtraído no roubo.
Escribe o teu comentario