Alberte Montes no Outono A Escena de Arzúa

O artista recoñece que lle gusta "pintar saíndose das liñas" e ofrecer un monólogo fresco, orixinal e disparatado.A cara de Montes soaralle a moitos polo seu papel en Fariña, onde facía de Padín.


|

Alberte Montes, o cómico e actor galego coñecido polos seus papeis en varias series como Fariña, actúa este venres na Capela da Madalena de Arzúa. O evento forma parte do ciclo "Outono a Escena" que programa o Concello de Arzúa.




Alberte Montes comico



A actuación empeza ás 21 horas e a entrada é gratis. Está pensada para o público adulto. O artista recoñece que nas súas  Albertadas gústalle "pintar saíndose das liñas" e ofrecer un monólogo fresco, orixinal e disparatado.


A cara de Montes soaralle a moitos polo seu papel en Fariña, onde facía de Padín. Agora mesmo se encuantra gravando outra serie "Do dereito e do revés" que a produtora galega Think First pronto emitirá na TVG.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE