A muller desaparecida en Mazaricos atopada xusto a tempo de sufrir males maiores
A muller de 84 anos desaparecida esta mañá de martes en Mazaricos (A Coruña) foi localizada ás 17,20 horas desorientada a 800 metros da súa vivenda.
É unha persoa maior de mobilidade reducida e cando a atoparon entre unhas árbores xa non podía andar
MARCHOUSE SEN AS BOTAS QUE SE POÑÍA A DIARIO
A muller espertouse ás 7,00 horas e, como habitualmente, foi almorzar á zona de cuadras, á que adoita acudir cunhas botas, que este martes non se puxo o ser achadas no lugar.Para atopala púxose en marcha un dispositivo con patrullas da Garda Civil, en colaboración con outros medios.
Escribe o teu comentario