​Compromiso do presidente de FEGAMP de facer chegar a 'Guía para o uso do galego' aos municipios galegos

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, reuniuse con membros da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse a "facerlles chegar a guía a cada un dos representantes dos concellos galegos que participarán na próxima asemblea".


|

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, reuniuse con membros da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse a "facerlles chegar a guía a cada un dos representantes dos concellos galegos que participarán na próxima asemblea".


Image0 1

Reunión da Mesa e FEGAMP


Desde a plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística seguen co seu calendario de reunións para conseguir que a 'Guía para o uso do galego na Administración local' chegue a todos os puntos do país. Neste sentido, a plataforma deu un paso de xigante despois de lograr o compromiso de Alfredo García, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para facerlles chegar a guía a cada un dos representantes dos concellos galegos que participarán na próxima asemblea".


A guía pretende ser unha ferramenta para que os gobernos municipais impulsen políticas activas en favor da lingua galega e doten de recursos a planificación lingüística de cada localidade para manter viva a lingua dentro do país.


Marcos Maceira, presidente da plataforma, e Celia Armas, responsable de 'Abertos ao galego', foron os encargados de reunirse con Alfredo García e de trasladarlle a iniciativa. "As corporacións deben garantir a presenza da lingua galega na actividade municipal de forma transversal, implicando todas as aéreas e todas as funcións, e non reducindo a normalización lingüística a unha soa área", reclamou Maceira. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE