​No Carballiño os exames prepáranse dentro dunha neveira

O grupo municipal 'Espazo Común' denuncia o estado da biblioteca pública, á que sinalan como un "foco de problema" e acusa o goberno local de incumprir as súas promesas para acondicionar o complexo.


|

O grupo municipal 'Espazo Común' denuncia o estado da biblioteca pública, á que sinalan como un "foco de problema" e acusa o goberno local de incumprir as súas promesas para acondicionar o complexo.


Biblioteca

Unha biblioteca


"Un ano máis, e xa son moitos, os cidadáns de O Carballiño que utilizan o servizo da Biblioteca Municipal vense maltratados polo deixamento dun goberno que só parece ter tempo para roteiros das tapas e fotos dos seus membros celebrando non se sabe moi ben que", denuncian desde Espazo Común.


E é que, segundo explican desde o grupo municipal, os usuarios da biblioteca, a maioría deles estudantes, vense obrigados a permanecer dentro das instalacións con roupa de abrigo. "Chaquetas e mesmo bufandas e luvas", advirten.


Todo isto causado pola ausencia de calefacción, unha das melloras prometidas "pero nunca executadas" polo goberno caballiñés. Na oposición do municipio ourensán poñen o foco sobre o titular da área de Cultura que "dedica o seu tempo para facer de palmeiro do secretario provincial do PSOE" no canto de acondicionar a biblioteca. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE