O Europarlamento estuda avaliar a mina de Touro, cuxos traballadores din que cumpre a Lei
A Asociación de Traballadores Mineiros de Touro e O Pino defendeu o proxecto de reapertura da mina, á vez que destaca que se cumpre "estritamente" coa normativa europea en materia ambiental, así como coa normativa española.
A Eurocámara sopesa enviar unha delegación á mina de Touro para avaliar as denuncias de contaminación. O PP oponse porque "carece de base", mentres PSOE e BNG piden que se investigue.
Traballadores a prol da mina nunha pasada manifestación
Así o expresa nun comunicado despois de que se coñeceu este martes que a Eurocámara decidirá sobre se envía ou non unha delegación á mina de Touro para avaliar as denuncias de contaminación expostas por plataformas antimina.
Os traballadores mineiros sosteñen que, nun contexto de "emerxencia industrial" en Galicia, a mina supón "unha oportunidade", "xa que creará máis de 400 empregos directos" nunha comarca que "se atopa nunha situación de declive".
Censuran que as plataformas antimina buscan "demonizar" este proxecto, mentres convidan os membros da Eurocámara a coñecelo de primeira man, dado que entenden que a empresa que promove os traballos de reactivación "estará á súa total disposición".
Escribe o teu comentario