A quinta edición da carreira '5KM Solidarios' celebrarase o domingo na Coruña

|

A Coruña acollerá o domingo a quinta edición da carreira'5KM Solidarios', un evento deportivo e benéfico, impulsado polos voluntarios de Corporación Hijos de Rivera. A recadación íntegra irá destinada a cubrir as necesidades do Banco de Alimentos Rías Altas.


Carrera 5KM Solidarios


O polígono de Agrela na Coruña volverá ser o lugar elixido para celebrar esta carreira, que comezará a partir das 11,00 horas nun circuíto circular de 5 quilómetros que terá a súa saída nas instalacións da fábrica de Estrela Galicia.

A recadación íntegra deste evento solidario irá destinada a cubrir as necesidades do Banco de Alimentos Rías Altas na súa actividade de recollida e repartición de alimentos entre os colectivos desfavorecidos aos que presta axuda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress