"Destafoi!" O Bloque celebra o seu retorno ás Cortes e promete desaloxar a Feijóo en 2020

De todos os partidos galegos, os nacionalistas son os que están máis contentos. A súa volta ao Congreso dos Deputados supón un salto cualititativo importante que lles dá esperanzas para ser un dos ingredientes do cambio en Galicia. 


|

De todos os partidos galegos, os nacionalistas son os que están máis contentos. A súa volta ao Congreso dos Deputados supón un salto cualitativo importante que lles dá esperanzas para ser un dos ingredientes do cambio en Galicia. 


As bágoas e os abrazos de alegría foron protagonistas da noite electoral do BNG este 10 de novembro, data na que catro anos despois consegue volver ao Congreso cun escano. O deputado electo pola circunscrición da Coruña, Néstor Rego, e a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, coincidiron en marcarse o "obxectivo" de "botar a Feijóo e ao PP da Xunta" o próximo 2020.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o deputado electo pola Coruña, Néstor Rego, celebran os resultados das eleccións xerais do 10 de novembro.


Ao redor das 22,30 horas e co escrutinio por encima do 90%, compareceu o núcleo duro do Bloque para valorar uns resultados que, en palabras de Rego, supoñen "cumprir o obxectivo marcado": "Que o BNG volva estar no Congreso".

Pola súa banda, Ana Pontón prometeu que "Galicia vai estar representada e defendida como se merece" en Madrid e apelou a "poñerse a traballar para que este novo impulso" da formación "sexa a clave para que en 2020" na Comunidade "non goberne o Partido Popular" e que o nacionalismo galego "sexa decisivo".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE