Hai que votar co corazón en Galiza, apunta a líder do Bloque Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, chamou este domingo, xunto ao candidato ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, a votar "con cabreo ou sen cabreo pensando na mellor maneira de construír un futuro digno en Galicia".

|

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, chamou este domingo, xunto ao candidato ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, a votar "con cabreo ou sen cabreo pensando na mellor maneira de construír un futuro digno en Galiza".


Ana Pontu00f3n e candidatos do Bloque votando o as eleccións xerais do 10 de novembro



"Quero facer un chamamento á participación a que, con cabreo ou sen cabreo, se vote, a que se vote pensando na mellor maneira de construír un futuro digno en Galiza  e que votemos pensando no moito que está en xogo neste proceso electoral", manifestou Pontón tras depositar o seu voto na mesa electoral do CGAC en Santiago.


Para Pontón "o importante" é decidir "entre todos, libremente" coa "convicción de que esta é unha xornada" na que os cidadáns se "xogan moito". "E os galegos temos que estar e decidir como queremos seguir andando este camiño", abundou.

Por iso, a líder do BNG animou a votar "con convicción, ilusión e alegría coa cabeza e co corazón en Galicia". "Pensando en todas as mulleres que loitaron porque hoxe teñamos o dereito de exercer o voto, a ser cidadáns libres e iguais", subliñou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE