Xornada electoral pasada por auga e con alerta laranxa nas costas da Coruña e Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste domingo, día de eleccións xerais, nas provincias da Coruña e Lugo.

|

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste domingo, día de eleccións xerais, nas provincias da Coruña e Lugo.


Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada  Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada


Segundo información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) recollida polo Goberno galego, este fenómeno adverso afectará ao litoral norte de Galicia xa desde a mañá da xornada e deixará mar combinado con ondas de 5 a 6 metros.

Ademais, o resto da costa da Comunidade estará en nivel amarelo con mar combinado con ondas de 4 a 5 metros. Así mesmo, no noroeste da Coruña de esperan ventos do oeste de forza sete.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos da provincias afectadas, ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outras entidades, para que adopten as medidas oportunas.

Por todo iso, a Xunta recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un golpe de mar. Ademais, aconsella vixiar caídas de obxectos de balcóns e xanelas, así como evitar aproximarse a diques, espigóns, peiraos e outras zonas que poidan ser varridas polo mar.

COTA DE NEVE ENTRE 1.300 E 1.400
Esta situación, segundo información de Meteogalicia, estará provocada por unha nova fronte que chega á Comunidade. A cota de neve abrirá o día ao redor dos 1.300 metros e subirá aos 1.400 co paso das horas.

En canto ás temperaturas, as mínimas non experimentarán cambios significativos, aínda que as máximas sufrirán un descenso moderado. Por cidades, os termómetros oscilarán entre os 7 graos de mínima en Lugo e os 15 de máxima na Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE