Miles de persoas esixen ao Goberno enerxía máis barata para evitar a "hecatombe" de Alcoa San Cibrao

A última planta que mantén a multinacional de EE.UU. en España é a única do Estado que produce alumnio primario pero está ameazada por uns prezos da enerxía que dificultan a súa competitividade fronte a outras fábricas europeas. Hoxe alcaldes de todos os partidos e 10.000 cidadáns, segundo os convocantes, marcharon por viveiro no seu defensa.


|


A última planta que mantén a multinacional de EE.UU. en España é a única do Estado que produce aluminio primario, pero está ameazada por uns prezos da enerxía que dificultan a súa competitividade fronte a outras fábricas europeas. Hoxe alcaldes de todos os partidos e 10.000 cidadáns, segundo os convocantes, marcharon por Viveiro en defensa dunha industria que achega o 70% do PIB da Mariña; polo que o seu peche, en palabras da alcaldesa, sería unha "hecatombe".


Preto de 10.000 de persoas, chegadas de diferentes puntos da Coruña e Lugo secundaron este domingo, 3 de novembro, a manifestación convocada en Viveiro (Lugo) polo comité de empresa de Alcoa-San Cibrao.



Manifestación en Viveiro en respaldo aos traballadores de Alcoa-San Cibrao


  Entre as súas demandas atópanse varias medidas que garantan o futuro da planta da multinacional no norte de Lugo, a única que mantén en España actualmente.

Os participantes percorreron varias rúas da localidade do Landro para confluír na Praza Maior nunha mobilización que transcorreu sen incidentes entre cánticos de "enerxía solución".

PALABRAS DO PRESIDENTE DO COMITÉ
Ao termo interviñeron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente do comité de empresa da Confederación Intersindical Galega (CIG), José Paleo. Este último agradeceu o apoio recibido por parte da cidadanía, manifestou que quere transmitir unha mensaxe "alta e clara" dunha "comarca unida" para que "sexa quen sexa" o goberno que salga das urnas o 10 de novembro, "a redución do custo da enerxético sexa unha prioridade".

Paleo subliñou que con esta mobilización o que se persegue é que o Goberno aprobe medidas para abaratar a enerxía "como as que existen xa noutros países da UE". Ademais, cre que a partida de 25 millóns de axudas para a compensación dos custos derivados das emisións de CO2 (dióxido de carbono) é "insuficiente" para facer competitiva á planta lucense.



Manifestacion alcoa

Final da manifestación nunha foto do PP provincial de Lugo


INTERVÉN A ALCALDESA DO PSOE
Na mesma liña expresouse a alcaldesa de Viveiro, a socialista agradeceu "a participación masiva" dos cidadáns da comarca na manifestación e apuntou que para o Goberno entrante "ten que ser unha prioridade de prioridades" o desenvolvemento de medidas para garantir o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao, Cervo.

A edil resaltou a relevancia económica que a factoría ten para a comarca e apuntou que "Alcoa é o motor económico da Mariña e que se pecha sería unha hecatombe", ao que engadiu que se busca unha solución que de estabilidade para o seu futuro e que para conseguilo é preciso "a unión de todos".

APOIO DE ALCALDES
Alcaldes de toda a zona e representantes políticos de diferentes ideoloxías deixáronse ver tras as pancartas da cabeceira da mobilización. Entre outros apareceron lvos alcaldes e alcaldesas de Foz, Mondoñedo, Cervo, Xove, O Vicedo, Burela, Trabada, Ourol, Valadouro e Alfoz; así como o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A deste domingo foi a cuarta mobilización convocada polo comité de empresa de Aloca-San Cibrao nas últimas semanas, xa houbo tres concentracións en Xove, Cervo e Burela, con alta participación.

UN FUTURO SEN ALCOA SERÍA MOI DIFÍCIL
Os traballadores ven en risco os postos de traballo se o goberno non articula instrumentos que permitan reducir o custo de produción do aluminio, máxime cando recentemente a multinacional anunciou un plan a cinco anos que inclúe peches e outras medidas.

Alcoa supón máis do 30% do PIB da provincia de Lugo, o 70% da Mariña e, ademais, entre emprego indirecto e directo dependen da fábrica ao redor de 3.000 persoas. A súa actividade repercute en toda a economía da Mariña especialmente no comercio e a hostalería, destacan desde os sindicatos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE