O vento, con refachos de ata 100 km/h, acende a alerta laranxa na Coruña e Lugo este domingo
A situación de meteoroloxía adversa persistirá este domingo na comunidade galega. A Dirección Xeral de Emerxencias manterá a situación de alerta laranxa na costa das provincias da Coruña e Lugo por un temporal costeiro e por vento de terra, que poderá deixar refachos de ata 100 quilómetros por hora.

Desde esta medianoite ata as primeiras horas da mañá espéranse ventos do sur con cambios bruscos ao oeste e ao noroeste, que afectarán o noroeste da provincia coruñesa e á Mariña de Lugo.
Doutra banda, rexistrarase tamén un episodio adverso costeiro laranxa no suroeste da provincia da Coruña entre as 09,00 horas e as 15,00 horas, e o que se espera mar combinada do noroeste con ondas de 5 a seis metros.
O litoral de Lugo e o noroeste e o oeste da costa coruñesa permanecerán, como este sábado, durante todo o día en alerta laranxa por ventos do sur de forza 8 e 9 e mar combinada do noroeste con ondas de entre 5 e 7 metros.
Escribe o teu comentario