Pedro Sánchez vai camiño de poder gobernar con Cidadáns ou Podemos, segundo a enquisa do CIS a nivel estatal

Séguenlle o PP (74-81), Unidas Podemos (37-45), Cs (27-35), Vox (14-21) e Máis País (3-4).


|

O barómetro prelectoral do CIS, sempre polémico, dá unha vitoria clara para os socialistas tanto a nivel galego como estatal. Hai que ter en conta, iso si, que é previo á sentenza sobre Cataluña e aos disturbios.


O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) outorga unha clara vitoria ao PSOE, que obtería entre 133 e 150 escanos. Seguiríalle o PP (74-81), Unidas Podemos (37-45), Cs (27-35), Vox (14-21) e Máis País (2).

CIS OUTUBRO 2019


Ese resultado, segundo o os cálculos do organismo presidio por José Félix Tezanos, permitiría aos socialistas gobernar con maioría absoluta con Unidas Podemos, ou ben con Cs.


Pedro Sánchez en Alacante


macroenquisa electoral con vistas aos comicios do próximo 10 de novembro dá a vitoria ao PSOE cun respaldo estimado do 32,2%, por encima do seu resultado de abril.


En segunda posición figura o PP co 18,1 por cento e entre 74 e 81 escanos, tamén por encima dos seus datos das anteriores eleccións. 



A coalición Unidas Podemos quedaría nunha posición similar co 14,6% por cento e entre 37 e 45 escanos, incluíndo a En Comú e a Galicia En Común, mentres que Cidadáns queda no 10,6% e entre 27 e 35 deputados.


Por último Vox queda no 7,9% e entre 14 e 21 escanos, por baixo do cultivado en abril. 


Máis País, o novo partido de Errejón, entraría co 2 por cento e dous escanos en Madrid, que podería sumar dous máis de Compromís.



A ENQUISA


A enquisa está elaborada cunha mostra de 17.650 entrevistas en 1.091 municipios de 50 provincias, ademais de Ceuta e Melilla, e hai un erro muestral do +/- 0,75%.


Realizouse entre o 21 de setembro e o 13 de outubro, é dicir, tras o visto e prace do Supremo á exhumación de Franco e o aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro de 2017, pero sen coñecerse aínda a sentenza sobre o procés.


VALORACIÓN DOS LÍDERES POLÍTICOS


Lu00edderes mellor valorados CIS outubro 2019


Segundo o CIS, o líder mellor valorado é Pedro Sánchez, cun 4,6; seguido de Alberto Garzón, Albert Rivera, Pablo Iblesias, Pablo Casado e Santiago Abascal, que obtén un 2,3.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE