A fibra óptica camiño de chegar, por fin, ao centro histórico de Santiago de Compostela
A zona vella de Compostela sofre unha cada vez maior turístificación provocada por diferentes factores, entre outros a imposibilidade de que os negocios gocen da internet de alta velocidade. O Concello saca un concurso para liquidar esta secuela.
O Concello de Santiago iniciou un proceso para a selección de propostas para a instalación de redes de fibra óptica no centro histórico da capital galega.
Diso informou o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local que, entre outros asuntos, deu luz verde á renovación de nove autobuses urbanos.
Así, o goberno santiagués ha aprobado unha convocatoria aberta para solicitar, durante un período de dous meses, propostas de operadores para o desenvolvemento da rede de fibra óptica na zona vella compostelá.
HAI QUE INSTALALA SEN DANAR O PATRIMONIO
Segundo explicou Bugallo, a iniciativa conta co respaldo do concello, a Xunta e a Amtega e nace dunha guía de boas prácticas para a instalación de fibra óptica en zonas de especial protección.
Este catálogo analiza o caso de Santiago de Compostela e define as propostas que permitirían desenvolver a rede co menor impacto sobre o patrimonio a través da instalación con trazado por cornixa, o soterramento ou empregando as redes de saneamento.
AUTOBUSES URBANOS
Así mesmo, a xunta de goberno tamén deu luz verde á renovación de nove autobuses do servizo de transporte urbano da cidade que, nestes momentos, presenta un estado "deficitario" con vehículos cunha antigüidade de "15 anos de media", segundo indicou Bugallo.
Ademais, tamén este luns, o consistorio somete a información pública a estrutura dos custos do servizo do transporte urbano, un "trámite" previo á licitación do concurso do novo contrato, que o concello prevé iniciar a comezos do próximo ano.
Por outra banda, o goberno local elaborará un estudo para o diagnóstico e reparación dos muros de contención de titularidade municipal no barrio de Fontiñas.
MULTA A FERROVIAL
Por último, a concesionaria dos centros socioculturais da cidade, a empresa Ferrovial, foi multada con 3.000 euros por "deficiencias" na prestación do servizo durante o ano 2018 e o primeiro semestre de 2019.
Escribe o teu comentario