Baltar, Jácome e Cs votan que o aparcamento do hospital de Ourense siga sendo de pago

PP, DO e Cs móstranse en contra do rescate da concesión polo seu "elevado custo"

|

A concesionaria paga á Deputación só 26.000 euros ao ano por xestionar o aparcamento público


O pleno da Deputación de Ourense decidiu este venres que o aparcamento Santa María Nai, situado no Complexo Universitario de Ourense (CHUO), continúe de pago para así non iniciar os trámites de rescate da concesión do aparcamento.


O pleno da Deputación de Ourense decide que o aparcadoiro Santa María Nai siga sendo de pago


A moción presentada polos socialistas foi apoiada tamén polo deputado do BNG, con todo, Cs abstívose e os grupos de goberno PP e DO votaron en contra dunha cuestión que "supoñería un custo inasumible" para o ente provincial.

Para o PSOE, a Deputación de Ourense tivo este venres ante si "a oportunidade histórica de acabar cunha inxustiza social na provincia", entendida como "a necesidade de poñer en valor aquilo que é público e facer que volva pasar a mans dos cidadáns".

O deputado socialista Ignacio Gómez tamén criticou o "canon irrisorio" de 26.000 euros que a empresa concesionaria paga ao ente provincial, despois de que se acordase unha rebaixa no mesmo con anterioridade por "necesidade da empresa".

Os socialistas consideraron o "rescate da concesión" como algo "asumible" e estimárono en aproximadamente catro millóns de euros.

PUNTO DE VISTA DE CIDADÁNS
Pola súa banda, a deputada de Cidadáns Montserrat Lama coincidiu en sinalar "a necesidade de que todos os aparcamentos de hospitais públicos sexan gratuítos". Agora ben, quixo dar conta dos "datos reais" que sitúan ao aparcamento Santa María Nai, a día de hoxe, "como o máis barato de toda a Comunidade Autónoma".

A cifra "incalculable" de canto custaría retirar a concesión á empresa conlevaría, a maiores, segundo calculou Montserrat Lama, máis de 29 millóns de euros de "custo lucro-cesante" que deberían ser abonados á empresa concesionaria.

Por tanto, Cidadáns concluíu que "o custo de retirar a concesión é tan grande que permitiría construír ata catro aparcamentos públicos nos arredores do CHUO".

ESTABILIDADE ENARBORADA POR DEMOCRACIA OURENSÁ
Na mesma liña foi a postura de DO, partido que lidera Gonzalo Pérez Jácomoe, sinalou que "o custo para as arcas públicas do rescate desta concesión é descoñecido" e, por tanto, a risco de que sexa "excesivamente elevado" decidiron "non comprometer a estabilidade orzamentaria".

"Para afirmar que non convén á cidade que ese aparcamento de máis de 800 prazas sexa gratuíto baséome na necesidade de asumir os custos sumados aos gastos de persoal, subministración eléctrica, limpeza e calquera outro tipo de necesidades", manifestou o deputado de DO Miguel Caride.

Neste contexto, os populares acusaron ao PSOE e ao BNG de entender como a "panacea" o gasto público de diñeiro "sexa ou non eficaz e eficiente" e lembráronlles que "a realidade é caprichosa e os recursos limitados".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE