Tres novas plantas públicas de compostaxe en Galicia, promete a Xunta

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsará a partir de 2020 a posta en marcha de tres novas plantas públicas de tratamento de biorresiduos para compostaxe nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, "ademais da que está xa construída" no complexo de Sogama, en Cerceda (A Coruña).

|

O Goberno Galego parece que finalmente se apunta á compostaxe, unha iniciativa que leva anos promovendo con éxito a Deputación de Pontevedra


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsará a partir de 2020 a posta en marcha de tres novas plantas públicas de tratamento de biorresiduos para compostaxe nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, "ademais da que está xa construída" no complexo de Sogama, en Cerceda (A Coruña).


Compostaxe



Así o anunciou a conselleira do ramo, Ángeles Vázquez, durante o seu comparecencia no Parlamento para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano. En concreto, as contas do 2020 están provistas de cinco millóns de euros para impulsar estas tres novas plantas de compostaxe, pero a Xunta mantén "no cronograma outros 20 millóns" a este efecto.


OUTRAS MEDIDAS

Así mesmo, Vázquez anunciou novas axudas para "a promoción de microparques empresariais" de titularidade municipal, e puntualizou que será no que queda do 2019 cando o Goberno autonómico leve á Cámara a lei de residuos e chans contaminados e aprobe a estratexia galega de economía circular.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE