Os apartamentos turísticos pódense alugar por habitacións, falla a Xustiza

|

A polémica norma da Xunta recibe un pau por mor dunha recurso do Estado. Unha medida que abre a porta a unha maior oferta destes aloxamentos, cuxa abundancia está a elevar os alugueres tradicionais ata límites nunca vistos en cidades como Santiago e outros destinos turísticos


A Sala III do Tribunal Supremo estima  parcialmente o recurso presentado contra o decreto de regulación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico da Xunta de Galicia e ordenou anular dous artigos que fan referencia á prohibición de alugalas por habitacións.



Ru00faa de Hortas na zona histu00f3rica de Santiago de Compostela



En concreto, o fallo recorrido é o ditado en febreiro de 2018 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que naquela ocasión desestimou o recurso da Comisión Nacional do Mercado da Competencia e da Administración do Estado contra varios artigos desta regulación.

Fronte a iso, tanto a CNMC como o Estado presentaron un recurso de casación ante o Supremo que, finalmente, estimou parcialmente as súas alegacións e fallou contra dous artigos desta norma, aprobada en xaneiro de 2017 polo Goberno galego.

En concreto, o fallo anula os artigos 4.2 e o 5.1 deste decreto, que fan referencia a que a cesión de vivendas turísticas e de vivendas de uso turístico "será da totalidade da vivenda, sen que se permita a cesión por estancias".

Ante isto, os representantes da Xunta argumentaron que a súa normativa tiña como base a propia lexislación estatal, unha interpretación da que difire o Supremo.

Así mesmo, o TS non aprecia "a concorrencia de razóns de interese xeral que puidesen xustificar a prohibición de alugar vivendas vacacionais en zonas de uso residencial", como alegaba a Xunta apuntando unha posible "perturbación da convivencia" desta actividade. A maiores, en todo caso, o Supremo asegura que isto afectaría tanto o aluguer por habitacións como ao da totalidade da vivenda.

O fallo do alto tribunal rexeita, con todo, as alegacións presentadas polo Estado e a CNMC contra outros artigos da norma, como a limitación do período de aloxamento a tres meses, que ve "un límite" e non unha prohibición; o réxime de acceso á actividade, que avala; o réxime de clasificación e requisitos de calidade ou a habilitación dos concellos para prohibir ou limitar o número de vivendas, todos eles apoiados polo Supremo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress