Rodri Suárez gaña a 79 edición do Premio Pérez Lugín con "Radio Riazor"
Un traballo sobre xornalismo e música, de Rodri Suárez, gañou a 79 edición do Premio Pérez Lugín, da Asociación da Prensa da Coruña.
O que fora xefe de prensa do Concello da Coruña e redactor da Nosa Terra e La Opinión narra as últimas décadas da música herculina
O xornalista presentou o traballo titulado 'Radio Riazor: unha crónica lixeira sobre vos bautismos do pop/rock coruñés'. Xunto a el, o xurado decidiu conceder unha mención especial á xornalista Tamara Montero, pola súa escrito 'Sonata a catro columnas'.
Suárez nunha foto do seu Twitter
O traballo gañador repasa a historia da música na cidade a partir dos anos 80, citando a Radio Océano,, Luar na Lubre, Diplomáticos de Monte Alto, Pucho Boedo ou Xoel, entre outros.
Escribe o teu comentario