​Un apagamento xeral e Llull privan ao Obra da remontada (76-83)

Os santiagueses foron a remolque desde o segundo cuarto e estiveron preto de levar a vitoria, pero os erros e o acerto do balear nos últimos compases decantaron a balanza para os brancos. 


|

Os santiagueses foron a remolque desde o segundo cuarto e estiveron preto de levar a vitoria, pero os erros e o acerto do balear nos últimos compases decantaron a balanza para os brancos.



Llull obra

O Obra non puido co Real Madrid | Foto: RM Baloncesto



O Obradoiro parece o único equipo que tropeza dúas veces coa mesma pedra nas grandes citas. Os de Moncho Fernández calcaron o guión da primeira xornada ante o Barça: chegar vivos ao último cuarto, igualar a contenda e morrer na beira. Esta vez, foi o Real Madrid o encargado de enterrar as aspiracións dos composteláns, que volveron irse sen carga do Fontes do Sar a pesar de dalo todo na pista.


DE MÁIS A MENOS

Os galegos trataron de aproveitar o cansazo do Madrid, que chegou á capital galega despois de perder en Europa ante o Kaunas. No primeiro cuarto os pupilos de Moncho Fernández quixeron imprimir un ritmo alto ao principio e conseguiron dobregar ao Madrid no primeiro cuarto onde estiveron moi acertados desde a pintura e fóronse a descansar cun 23-19.


Con todo, no segundo as cousas cambiaron e a segunda unidade xa non foi tan precisa como no primeiros dez minutos. Isto notouse especialmente desde o perímetro, cun pobre 1 de 7 en triplos. Un rexistro que pesou especialmente a Magee. Mentres, os brancos, que non brillaron especialmente, se foron máis constantes e remontaron a diferenza perdida con Campazzo e Laprovittola aos mandos e con Garuba, cos seus insultantes 17 anos, saltando por encima de todos para cazar case todos os rebotes. 13 levou o neno, record para un menor de idade.


DAUM EMPUXA; LLULL RESOLVE

No terceiro cuarto as cousas melloraron considerablemente. Mike Daum coroouse como o revulsivo que esperaba o Sar e entre triplos e un mate que acaparará portadas foi recortando diferenzas a un Madrid que se negaba a ceder a testemuña. Cando non era Daum, Kravic achegaba co xogo interior volvendo tolo a Tavares. Aos poucos foron entrando os triplos, e á entrada do último cuarto o lobo xa estaba ás portas da casa branca. Quedaban cinco para a conclusión e o Obra conseguiu poñerse 73-71 e fixo soñar ao pavillón.


Pero cando parecía que era o momento dos locais, chegou a desconexión. Canastras fáciles que non entraban, posesións esgotadas sen atopar o espazo, un tapón impropio de Rudy ou un campo atrás de parvulario consumiron as opcións do Obra. A isto, sumouse un Llull que en só dous ataques fixo cinco puntos que resultaron decisivos, xa que en apenas un minuto pasouse do empate a 70 a un Madrid descolgado cunha diferenza de 9 puntos a falta dun minuto para a conclusión.


Magee, totalmente anulado por Llull que o perseguiu ata as duchas por orde de Laso, puxo un pouco de picante cun último triplo que só serviu para que a cancha recoñecese o esforzo dos seus raparigos que, unha vez máis, non souberon amarrar o partido no momento clave. Só unha vitoria en cinco xornadas; cinco de cinco para o Madrid que goberna en solitario. A vida segue igual,  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE