Por que Tsunami Democrátic pon a Inditex no punto de mira?

Incendio no Zara de Lleida Unha consecuencia de todo isto é que o grupo de Amancio Ortega tívose que rascar o peto.


|

Que ten a misteriosa plataforma independentista contra Amancio Ortega? Os motivos non están claros, pero o certo é que Tsunami Democrátic arrastrou Inditex, matriz de Zara, á polémica catalá.


Empezou o 18 de setembro, cando o colectivo citou a Inditex como unha das "empresas que van financiar a campaña  Estado Español contra o 1 de outubro".  Posteriormente, difundiu na súa web -hoxe bloqueada pola Audiencia Nacional- carteis pensados para colgar nos escaparates de "empresa que financia a represión".


Cabe lembrar que este mércores manifestantes prenderon lume ao comercio de Zara o a Rúa Maior de Lleida, queimando o seu acceso.


2737892


Incendio no Zara de Lleida


Unha consecuencia de todo isto é que o grupo de Amancio Ortega tívose que rascar o peto. Segundo informa Voz Populi, Zara é unha das marcas que contactou con Prosegur para contratar máis vixiantes de seguridade para protexer os seus establecementos en Cataluña.


Inditex e Ortega sempre se tentaron manter á marxe do debate político, algo que lograron en boa medida, a pesar dos intentos de varios actores de arrastralos á escena mediática.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE